FUNDACIÓN

FUNDACIÓN RUTA XACOBEA DO MAR DE AROUSA E ULLA

O CAMIÑO DE SANTIAGO MARÍTIMO - FLUVIAL

A Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla rememora a traslación dos restos do Apóstol Santiago, sendo fundada por José Luis Sanchez-Agustino López, despois da súa presentación na Asamblea Provincial de Turismo de A Toxa no ano 1963 como ruta turística e de promoción económica. Deste xeito naceu a Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla.

Integran o sea padroado os concellos de Boiro, Cambados, Catoira, Dodro, Meaño, Meis, O Grove, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Riveira, Rois, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

AROUSA, UN DESTINO GLOBAL

Cociña tradicional ou gastronomía de vangarda? Queres facer o Camiño de Santiago por unha ruta marítimo-fluvial? Gustaríache tomar un albariño, o mellor viño branco do mundo? Acompañalo con mexillóns, ameixas ou unha lamprea do río Ulla? 

Queres visitar unha illa no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas? Quere sentirse mariñeiro por un día, facer unha ruta polos faros da costa, visitar unha lonxa ou unha fábrica de conservas? Marisquear a pé ou pescar a bordo dun barco tradicional? Observar o cultivo de mexillón en bateas? Queres camiñar entre viñedos, facer a ruta do viño, visitar as súas adegas e observar o seu proceso de produción? 

Nunca estiveches rodeado de viquingos? Algunha vez viches un "drakar" con aqueles feroces guerreiros asaltando unha torre na costa? Gústanche os festivais de música indie, folk, pop ou rock? 

UN MAR DE RUTAS

Seguindo as testemuñas e a tradición, a RUTA XACOBEA DO MAR DE AROUSA E ULLA lembra o paso do barco que levaba os restos do Apóstolo Santiago desde Jaiffa en Palestina ata Iria Flavia, na actual vila de Padrón. A esta ruta marítima, única no mundo, únense hoxendía dúas sendas terrestres nas dúas beiras da ría de Arousa que completan a peregrinación a Compostela. Así naceron a RUTA TRASLATIO NORTE e a RUTA TRASLATIO SUR . 

Unha terra fértil historicamente desde o punto de vista literario, permitiunos que a través da vida e obra de autores de renome como Camilo José Cela, Rosalía de Castro, Ramón Mª del Valle-Inclán, Alfonso D. Rodríguez Castelao e un longo etc. puderamos estruturar unha RUTA LITERARIA DO MAR DE AROUSA E ULLA.

UN MAR DE RECURSOS


Un paraíso nas Rías Baixas, en GALICIA. Praias soñadas de area fina, salvaxes e urbanas con bandeira azul. Encantadoras vilas volcadas no turismo mariñeiro, un destino para os amantes da gastronomía, o bo marisco e o mellor viño. A única ruta de peregrinación marítimo-fluvial a Santiago de Compostela. Festas, moitas festas, relixiosas, paganas, gastronómicas ... Parques Naturais e Parques Nacionais para os amantes da natureza. Illas paradisíacas e un mar limpo, moi limpo. 

A RÍA DE AROUSA, UN DESTINO QUE O TEN TODO.
  • MANTERSE EN CONTACTO


    ... se precisas máis información

    Share by: